
Reunidos os grupos municipais PSdeG - PSOE Alfoz e Valadouro ante a visita da conselleira de traballo a clausura do obradoiro de emprego, queren manifestar o seguinte;
Mostrar a nosa perplexidade por falta de respeto institucional mantida por parte do presidente da Mancomunidade “Río de Ouro” D. Emilio Lousas e po la conselleira de traballo Dña. Beatriz Mato, po la utilización partidista e torticeira dos fondos de
políticas activas de emprego financiadas po lo fondo social Europeo. Po lo tanto diñeiro de todos os contribuíntes, no so dos cargos públicos do PP. E a enesima vez que tan ilustres persoeiros veñen a noso Val a facer propaganda sectaria convertendo como xa e costume actos institucionais en actos partidistas, ningún membro
dos grupos que formamos partes das corporacións municipais (exceptuando os do PP, claro) sabiamos nada de tal evento, ocorrésenos que a o mellor así o fan para que así ninguén lles recorde os continuos incumprimentos para con nos. Serva como
exemplo a falta de pediatra, os recortes en educación, a paralización da concentración parcelaria de Alfoz, o parque industrial, a nula inversión en saneamentos e así un largo etcétera. E tamén curioso que mentres se anuncian recortes entemas tan fundamentais como sanidade, ensino o dependencia, se
faiga un despliegue, con conselleira, superdelegada e todo o seu séquito para una simple entrega de diplomas de un obradoiro de emprego. Una conselleira do goberno Galego en época de crises con numerosos E.R.E.S. afectando a nosa comarca, no terá outras cousas mais importantes que resolver?? Por certo vaia un modo de predicar austeridade



