domingo, 14 de diciembre de 2008

Xa temos candidato a Presidencia da Xunta de Galicia

Oxe a día 12 de decembro de 2008 dous militantes do Concello do Valadouro acudirón o acto de proclamación do candidato a presidencia da Xunta de Galicia Emilio Pérez Touriño. Un acto que foi celebrado no palacio de congresos de Santiago de Compostela con un aforo que superaba as 5000 persoas.

O candidato a presidencia fora elixido horas antes no hotel Porta do camiño polo comité nacional e cunha aclamación absoluta a Emilio Pérez Touriño. Os actos acudiron José Luís García Rubal membro do comité nacional, Secretario Xeral do PSOE do Valadouro e Iago Fernández Pena encargado de xuventudes na executiva local do partido.

Neste acto Touriño recalcou:

“Algúns desexarían voltar á Galicia que viviu ancorada ó pasado e dependente de Madrid, o tempo de inmobilismo: é o pasado este país, e sobre o pasado no se constrúe o futuro de Galicia.”

“Quero ser unha garantía de equilibro e de integración”

“ É moito o que nos une, e todo o que nos une, nos fai máis fortes. O autogoberno nos fai máis fortes”

“O cambio debe continuar con todos e contra ninguén”

“A continuidade do cambio é máis razoable para Galicia”

“Vou a solicitar un novo acordo na próxima lexislatura para un novo Estatuto de Autonomía”

“Construír o futuro de Galicia a partir de todo aquelo que nos une, evitando o que nos separa”

“Xúntannos as emocións, o sentimento de pertencer a unha comunidade histórica cunha personalidade única no mundo.”

“O PP pensa que o poder lle pertence, gañen ou perdan, non cambiaron; e se non, que llo pregunten ós veciños de Mos, á súa alcaldesa”

“Feijóo, Baltar, Louzán el Rajoy non admitiron que Galicia cambiou. Nunca o pasado cambiou un país”

“Nunca nos sacarán do camiño da moderación e do encontro, o camiño da unidade. Ése é o camiño, é a ruta”

“O país non é, como quere Feijóo, unha peza para alimentar unha estratexia nacional. Galicia non se permuta, non é unha peza de intercambio.”

Desde aquí animamos a Toriño e a todos os habitantes do Valadouro a facelo con nos.