lunes, 5 de enero de 2009

A nosa Agrupación en Facebook


A Agrupación Socialista do Valadouro tamén en Facebook, utilizando sempre a nosa agrupación as máis modernas tecnoloxías, inauguramos o noso sitio en Facebook, internet converteuse nunha das mellores iniciativas para chegar a toda a xente.

Este sitio dos socialistas do Valadouro é un punto de encontro para intercambiar opinións, ideas e falar de todo o que sexa necesario para mellorar o noso concello e así colocalo onde verdadeiramente se merece e saír do atraso actual no que se atopa baixo o goberno da dereita do Partido Popular, é hora de afrontar os novos tempos coa máxima ilusión e traballo. A dirección na que se atopa o noso sitio en Facebook é a seguinte; http://www.facebook.com/photo_search.php?oid=42893724561.

Non esquezades de rexistrarvos antes se non o estades na seguinte dirección: www.es-es.facebook.com.