miércoles, 14 de enero de 2009

"O 1 de marzo imos a votar o futuro de Galicia"



Apoiado por Zapatero e ante 6.000 persoas, Touriño afirmou en Ourense que “gobernar cada día é sumar, compartir, e facer unha Galicia mais forte cada día”
Ourense 11 de Xaneiro do 2009.- O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE e Presidente da Xunta de Galicia Emilio Pérez Touriño fixo un chamamento á mobilización no decurso da súa intervención no Pavillón ourensá dos Remedios.




O máximo mandatario galego asegurou que “Galicia deixa atrás as dúas velocidades, a resignación e o pasado. O 1 de marzo imos a votar o futuro de Galicia. As eleccións non son sobre Touriño, Feijoo ou Quintana nin PSdeG-PSOE, PP ou BNG, nin para o camiño para chegar á Moncloa. Difícil o teñen porque non o van a lograr”.



Touriño engadiu que “Galicia non cabe nunha estratexia partidaria, Galicia non é unha moeda de cambio. Estas eleccións son sobre o futuro de Galicia, e eu quero ser o Presidente de todas e todos, e non contra ninguén”.



Segundo o Secretario Xeral do Socialistas Galegos “o de 1 de marzo vaise votar pola educación, pola sanidade, polas pensións, polo traballo. Imos depresa, avanzado, pero quédanos moito por percorrer.”



“Gobernar cada dia é sumar, compartir, e facer unha Galicia mais forte cada dia”, engadiu Touriño.

O impulso do cambio

Pérez Touriño propuxo continuar o cambio, darlle un novo impulso ao cambio: “non podemos desandar o andado. No ano 2005 votamos cambio e hoxe seria unha frustración que o 1 de marzo deramos un paso atrás, porque non podemos parar. O ultimo que necesita Galicia seria que volvese a gobernar o PP. O camiño de Baltar e de Louzán é un camiño que non conduce a nada, é o camiño do pasado, e nos queremos entrar con pe firme neste século. Pero non estamos aquí para corrixir o pasado senón para construír o futuro, queremos participar nese proxecto que se chama España e construír unha Galicia aberta a Europa e o mundo”.

O líder socialista considerou tamén que “ alguén lle gustaría volver a Galicia da resignación do pasado, calquera deses camiños excluiría a maioría social de Galicia. Necesitamos unha sociedade preparada para os cambios, para unha Galicia moderna”.

Unha Galicia de todos

Touriño asegurou que quere “ traballar desde o que nos une, porque o que nos separa nos debilita; do que nos faga sentirnos e recoñecermos como galegos, e o motor que nos une, e o impulso cara o futuro”.

Segundo o líder socialista “ todos formamos parte de Galicia, tamén Feijoo e Baltar e ninguén ten dereito a decidir que uns son mais galegos que outros. Eu creo nunha Galicia na que ninguén quede abandonado a súa sorte, e todos sexan merecedores dunha vida digna”.

Touriño fixo un chamamento ao dialogo e a concordia “ propoño sumar tódolos esforzos para que Galicia poida vencer e superar a crise económica, propoño loitar contra o paro coma nunca se fixo na Historia de Galicia. Sairemos da crise anticipando o futuro, defendendo as familias, o traballo e os traballadores”.
Lembrou os acordos sociais cos empresarios e sindicatos e dixo “así se constrúe pais, unha Galicia da concertación e do dialogo social”.

O compromiso de Zapatero con Galicia

O máximo mandatario galego lembrou que o “PSOE obtivo nas pasadas eleccións xerais o mellor resultado electoral da sua Historia en Galicia, que axudou a que Zapatero iniciase a segunda etapa do cambio en España.



Segundo Pérez Touriño “Zapatero é quen mellor entende a esencia do Estado das Autonomías. Zapatero sempre respetou e escoitou a Galicia. Con Touriño na Xunta Galicia sempre será leal a España, e con Zapatero na Moncloa o Presidente do Goberno español estará sempre comprometido con Galicia.

Para rematar, Emilio Pérez Touriño fixou cinco obxectivos entre eles “ impulsar o cambio, e construír esa Galicia do futuro”.

Touriño participou en Ourense, no Pavillón dos Remedios, ante mais de 6 milleiros de persoas, no primeiro mitin de preecampaña para as vindeiras Eleccións Autonómicas do 1 de marzo.