viernes, 2 de enero de 2009

Pajín insta á Comunidade Internacional a non “mirar a outro lado” e esixir que non se vulneren as leis e os convenios internacionais


A Secretaria de Organización do PSOE, Leire Pajín, afirmou que a Comunidade internacional non pode quedar “de brazos cruzados e mirar a outro lado” cando sucedeu unha das maiores masacres que se recordan na Franxa de Gaza. Neste sentido, instou á Comunidade Internacional a esixir que non se vulneren as leis e os convenios internacionais”, ademais de reclamar que a axuda humanitaria e sanitaria chegue á poboación civil e “impedir que volva suceder”.


A dirixente socialista, durante unha entrevista radiofónica, mostrouse convencida de que resolución adoptada por Nacións Unidas lanza unha mensaxe “moi clara” e que este tipo de actuacións “non poden quedar impunes” e “deben volver as condicións que ata agora se acordaron” para a zona. En relación coa posición da UE, Pajín manifestou que os europeos esperamos “un liderado contundente” porque Europa aposta “pola paz” e por unhas “relacións internacionais equilibradas”.

Finalmente, Pajín sinalou que a Comunidade Internacional “non estará á altura” se non é capaz de garantir a seguridade ao pobo israelí pero tamén o dereito a unha nación e ao seu territorio libre ao pobo palestino. “É unha materia pendente” manifestou.

Reforma da Lei do Aborto

A Secretaria de Organización asegurou que a reforma da Lei do Aborto pretende garantir “mellores prestacións e dereitos” ás mulleres e profesionais sanitarios e que o goberno busca o “maior consenso” posible no debate parlamentario. Neste sentido, aclarou que o Congreso está abordando a “mellora” da lei e non a despenalización baixo varios supostos, que xa se fixo “fai 23 anos” e que o PP non modificou cando gobernou.

Pajín sinalou que este goberno foi quen máis fixo pola familia, e defendeu, fronte a outras concepcións, que a familia “somos todos aqueles que de forma voluntaria facemos unha unión familiar”. Nesta liña, recordou a axuda por nacemento, o acceso á vivenda para mozas, ou a axuda para parados con hipotecas.

Modelo de Financiamento Autonómico

Durante a entrevista, Pajín destacou a rolda de contactos que está mantendo o Presidente Zapatero cos Presidentes autonómicos “que representan aos cidadáns” para informarlles sobre o modelo de Financiamento que o goberno propón. Ademais, resaltou que non só sexan as Comunidades do PSOE as que manifesten o seu apoio, senón as do PP “como Madrid e Valencia”.
Pajín sinalou que o Goberno quere un acordo que supere o actual que non contou con esta fórmula e é mellorable. ”Queremos un modelo de financiamento capaz de garantir suficiencia económica ás Comunidades para cubrir os seus dereitos”, entre os que citou unha sanidade pública de calidade, unha educación pública con futuro e unha lei da dependencia que “sexa unha realizada para os cidadáns que os necesiten”.

“Un modelo –dixo- que garanta os dereitos dos cidadáns e a igualdade de oportunidades” vivan onde vivan e mostrouse convencida, que, tras a rolda de contactos, chegará o acordo pronto e que será un “bo acordo para todos”.