jueves, 7 de mayo de 2009

Vázquez ofrece ó Goberno galego "a man tendida" na financiación autonómica


Pediulle a Feijoo que "pare e volva empezar, porque todo o que leva feito desde que tomou posesión nos está sorprendendo e escandalizando"

"A Doctrina Feijoo"


O Secretario Xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, considerou que “extrema gravidade” o que denominou “a doctrina Feijoo: unha nova doctrina política e xurídica onde o Presidente da Xunta di que hai delitos que a xustiza non ve”, tralo arquivo do caso da Autovía do Barbanza.


Ademais Vázquez lembrou que para Feijoo “é unha práctica habitual a falsificación dunha certificación de fin de obra”, que “Rueda debe ser o único funcionario de España que nin cotiza á Seguridade Social nin cobra”, aludindo ó seu posto como asesor na Deputación de Pontevedra, e que o superdelegado de Ourense, Rogelio Martínez, está imputado por un presunto delito de malversación de fondos.


“Por favor Sr. Feijoo, pare e volva empezar, porque todo o que leva feito desde que tomou posesión nos está sorprendendo e escandalizando”, aseverou.


“Gustaríame vir aquí e falar de política con maiúsculas, pero non hai maneira de falar dos problemas dos cidadáns, só falamos dos problemas do goberno”, dixo, e pediu a Feijoo “que se implique e resolva o problema do metal en Vigo, tal e como o fixo o Goberno anterior”.