miércoles, 21 de abril de 2010

“Lluvia de Millones”



Estes días liamos con estupor en varios medios de comunicación os “lideres” comarcais do PP anunciar unha “lluvia de millones” para a nosa comarca. Dende logo en Valadouro debemos ter o paraugas ben aberto, por que aquí desde que tomou posesión o señor Feijó non caeu nin un euro, e xa levan mais de un ano gobernando.
Facendo uso de un aparato propagandístico “que iso si que o fan ben” non paran de anunciar inversións pero ata o de agora non se ve ningunha improperios e descalificacións si iso si pero feitos, gustaríanos que alguén nos dixera cales seguen facendo oposición o bipartito e esquécense de gobernar que e para o que os votaron os cidadáns.
Esperemos polo ben de todos que cambien a dinámica.