miércoles, 28 de abril de 2010

Outra mais do noso goberno


A dia de hoxe, facendo gala da súa eficacia o equipo de goberno municipal aínda non presentou os presupostos para o ano 2010, o cal significa unha importante parálise para calquera tipo de actividade municipal.
Proxectos coma o paseo fluvial, saneamento e pavimentación da praza de Triana e tódalas aquelas subvencións que necesiten apartación municipal corren serio risco de perderse.
Seguimos a liña de xogo, desidia, desinterese e en resumen desgoberno, o concello lonxe de ser unha solución para os seus veciños cada vez mais e un problema.