lunes, 17 de mayo de 2010

Seguimos Aforrando


Na nosa publicación numero 100 non podiamos esquecernos, dese gran home, o Presidente de tódolos Galegos, incluso dos que falamos Galego. Feijó “o aforrador”.

Nunha mostra mais de eficacia e boa xestión dos fondos públicos, acábanse de publicar os datos do custo do aluguer da flota de automóbiles a o dispor da Xunta. Van 58 neste ano con un custo de mais de 8 millóns de euros. Sen esquecer a chapuza dos automóbiles, que formaban parte do parque móbil da Xunta. Incluídos os 17 Audis que mercou o señor Feijó cando era vicepresidente da Xunta.

En total desde comezou o este novo goberno, van 418 automóbiles novos alugados. Nisto non se Repara.

Non sabemos si os nenos que van quedar sen servizo de comedor, ou os traballadores que non terán traballo por non comezar as obras publicas comprometidas pensan o mesmo.

A nos simplemente nos da pena. “Feij009 Licencia para mentir”