viernes, 11 de junio de 2010

O Goberno, NON ESTA


Nun momento onde a xente da vila de Ferreira esta a vivir un caos polas choivas o goberno do Valadouro vai de excursión na Semana Verde de Silleda. Sen preocuparse polos veciños do Val.

Onte víronse afectados polas choivas, tres comerciantes da vila de Ferreira, e víronse abandonados totalmente polo Goberno Municipal.

Os Socialistas levamos 3 anos para amañar o Río de Ferreira e evitar estes problemas e o Señor Alcalde nunca fixo caso nin puxo interese. Foron tres anos con partidas non presupostos municipais para amañar e limpar o río. E agora xa se ve o resultado do desgoberno Municipal. Agora xa e tarde o dano esta feito, e por si fora pouco deixan o Concello sen Goberno para ir de Festa.