lunes, 14 de junio de 2010

O PP de Valadouro dice NO o Hospital da Costa


No Pleno extraordinario celebrado o día 13, o PSdG-PSOE do Valadouro o BNG e a Concelleira non adscrita Ana Geada solicitaron, que non se cree a area sanitaria única en Lugo, e que o Hospital da Costa non perda os servicios si non que os incremente.

Proposta de Acordo:

- Unha area de Xestión Integrada Única propia da Mariña.

- Unha aposta firme e decidida por esta comarca coa ampliación real do Hospital da Costa.

- Un Xerente de Area Integrada Única de Burela e non un Xerente Executivo que seria unha mera figura representativa.

- Que o Pleno da Corporación exprese o seu apoio a manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Publica da Mariña e contra o desmantelamento do Hospital da Costa para o 26 de xuño as 12:00.

-Que do presente acordo se dea traslado o Presidente da Xunta de Galicia, a Conselleira de Sanidade, así como os grupos políticos con representación na cámara galega.

A todo esto o PP de Valadouro votou en contra despois doutra lamentable explicación do Concelleiro Jose Lamela que cando entrou en debate se quedou sen palabras.

O PP de Valadouro dálle igual como quede e como esteña o Hospital da Costa, pero os veciños de Valadouro servímonos del e xa que son o noso goberno deberían defendelo.

A Concelleira María Jose abstense na votación que non tanto por iso ten menos delito xa que a ela dálle igual que siga o Hospital ou o quiten.

Amigos esta e a realidade do Goberno de Valadouro interésanse mais polo que dirán na Xunta que polos veciños do seu Concello.

Podemos dar gracia a que a moción presenta saleu adiante con 6 votos a favor, 4 en contra do PP e abstención de María Jose