miércoles, 27 de octubre de 2010

Obras na estrada do Cadramón


Estanse a iniciar as obras da estra Ferrera-Abadin no tramo comprendido entre O Chaíño (Frexulfe) e o Cadramón. Consistentes no estendido dunha capa de aglomerado en quente.

Dende aquí mostramos a nosa ledicia polo arranxo dunha obra imprescindible dado o deterioro no que se atopa neste intre.

Xunto co actuación executada anteriormente tanto nos derrubes coma no outro tramo aglomerado entendemos que por encima de algunhas criticas puntuais, nunca antes se atendera esta vía nestas condicións. Recordar que na parroquia do Cadramón viven a dia de oxe unhas 170 persoas e unha das parroquias con maior descenso de poboación por ano.

Polo que se cabe a inversión realizada nesta obra ten mais importancia. Seguiremos pelexando para que nun futuro esperemos que non moi lonxano se arranxar igualmente o tramo ata as Folgueiras.

Neso poñeremos o noso empeño.