lunes, 31 de enero de 2011

Alfoz icumpre o pago


Queremos poñer en coñecemento dos nosos veciños o acontecido no pleno celebrado po la corporación municipal.

En reiteradas ocasións vimos denunciando o incumprimento sistemático por parte do concello de Alfoz do pago da parte que lle corresponde po lo tratamento de residuos que compartimos ambos concellos no punto limpo de O Valadouro. Ante o permanente incumprimento do pago, incluso se acordou por unanimidade do pleno dar como ultimo prazo para saldar a débeda contraída o 31 de decembro de 2010. Xa que teñen pendente de aboar todo o ano 2009 e 2010. O Concello de Alfoz segue sin facer ningún caso e como resposta di que non ten contemplado o pago nos seus orzamentos, que cando aproben unos novos xa pagaran, mentres tanto O Valadouro ten que asumir o pago de dito canon si non queremos quedarnos sen servizo.

No sabemos por que se toleran tal actitude e constante a deixadez do equipo do goberno na defensa dos intereses comúns. Nunca reclamamos nada, nunca se toman as medidas axeitadas para nos, todos os convenios que firmamos con calquera outra administración, sempre nos prexudican. O principal inimigo dos veciños de Valadouro e o seu goberno municipal, nunca tan poucos fixeron tanto dano a tantos;

- Parque empresarial.
- P. X. O.U.M.
- Cemiterio da Vila de Ferreira.
- Así como todos os grandes temas que afectan a maioría
dos veciños van quedar peor a final da lexislatura que
cando comezo a mesma. No e mal bagaxe para este
equipo de goberno.