sábado, 7 de mayo de 2011

Candidato


Estimado/a veciño/a:


O 22 de maio celébranse eleccións municipais e polo tanto e momento de elixir quen ten que mancar o rumbo do noso concello os vindeiros catro anos.


Paréceme que non deben ser os mesmos que durante 24 anos nos levaron a actual situación de abandono, deterioro institucional, ineficacia e deixadez. Os que nos vaian a poñer na data e lugar que nos corresponde quen permitiu e consínteo durante doce anos non pode vir agora con solucións máxicas nin ocorrencias.


Valadouro necesita nova xente compromiso, esforzo e ideas claras, temos que resolver xa os grandes temas (Plan Xeral de Ordenación Municipal, Parque Industrial, Saneamentos nas Parroquias, Humanización da Vila de Ferreira) que o actual goberno deixou igual ou peor que a comezo da lexislatura, ese e o meu compromiso e o das persoas que me acompañan.


Para este proxecto e Candidatura pido o teu apoio e o teu Voto.