domingo, 12 de junio de 2011

Cea de compañeiros


Onte os candidatos socialistas de Valadouro e os militantes do Partido compartiron mesa, como mostra de unidade. Humor, dialogo e compañerismo, o mellor menú entre compañeiros.

Tras as intervencións dos actuais concellais, e os comentarios dos candidatos, queremos destacar que todos seguiremos o lado da xente, e os nosos 3 concellais estarán sempre dispostos a informar e colaborar cos veciños, a dialogar co goberno, e a xestionar recursos se fora necesario.

Por outra parte no acto de onte dous compañeiros deixaban o seu cargo de concellais para darlle o relevo a dúas novas incorporación por iso desde a agrupación queremos agradecerlles estes anos de traballo polo Partido e pobo de Valadouro. Moitisimas grazas a Luís Martinez e a Aurora Consuelo Mosquera, sabemos que seguiredes sempre o noso lado, e que poderemos contar con vos para o que nos faga falta.