miércoles, 29 de junio de 2011

¿A donde vai Pichin?

Mostrar a nosa profunda decepción e nos consta que a de moitos veciños de O Valadouro incluíndo a votantes do BNG por lo acontecido no pleno de organización do noso concello.

E preocupante que o concelleiro electo nas listas do BNG o señor Eduardo Chao vote afirmativamente a unha dedicación exclusiva do alcalde que vai supoñer unhos 47.000,00€ de gasto anual para as arcas do concello. Isto con unhos orzamentos do ano 2009 sen consignación polo tanto e sen estudio de viabilidade para o futuro, o lóxico será presentar unhos orzamentos novos e incluír unha partida suficiente nos mesmos para cubrir o soldo e seguridade social do señor alcalde.

Sendo este tema preocupante o que mas nos doe e ver o “chaleneo” entre o PP e o concellal Eduardo Chao, pois en vez de cumprir o falado entre a oposición prefire ir da mao do señor alcalde representando a o concello no CEIP, na gardería e na Mancumunidade Rio Ouro (por certo esperamos que colla posesión na mesma e no faga, como o seu compañeiro de filas que na anterior lexislatura non acudeu a tomar posesión propiciando así a maioría do PP na mesma). No sabemos si este “entente cordial” entre o PP y o señor Eduardo Chao vai a converterse en algo estable, de momento a presenza de este concelleiro nos órganos de representación supramunicipal e o seu apoio a dedicación exclusiva do alcalde vainos custar 3.872 € o mes a todos os veciños do Valadouro.