sábado, 11 de junio de 2011

O PP gobernara en minoría


Oxe as 11 da maña constituíuse a nova corporación municipal de Valadouro para os próximos 4 anos. Na cal forman parte como concelleiros do PSdG-PSOE de Valadouro: Jose Luís García Rubal, Pedro Paz e Edmundo Maseda.

Como segundo punto do dia estaba a elección do Alcalde na cal se postularon os 4 cabezas de listas das anteriores eleccións municipais. A Votación foi nominativa o que quere dicir a mau alzada, por motivo dos anteriores comentarios que se fixeron do concelleiro do BNG, Eduardo Chao do cal dicían que o PP lle ofrecerá 90.000€ polo seu voto.

Os resultados da votación foron os que xa se esperaban 5 PP 3 PSOE 2 UDIVAL e 1 BNG polo tanto queda como Alcalde Jose Lamela con 5 concellais e gobernara en minoría.

O Portavoz do grupo socialista comprometeuse a facer una oposición construtiva como xa se fixo estes 4 anos pasados e que van mirar polos intereses de Valadouro e dos seus veciños.