martes, 5 de julio de 2011

Empezamos o Traballo


No pleno corporativo onde co apoio do concelleiro nacionalista Don Eduardo Chao, o señor Alcade sacou adiante o seu xeneroso soldo. Comprometeuse a presentar o presuposto no mes de setembro para poder encaixar dito gasto, dado que no concello vence traballando con uns presupostos aprobados no 2009 e no consta partida ningunha para prorrogar o que supón o salario e seguridade social do Señor Alcalde dado que ningún anterior rexedor tivo nunca dedicación exclusiva en Valadouro.

Aproveitando tal circunstancia vimos de presentar una moción para que se incluían nos mesmos a partida suficiente para conceder unha axuda para todas as familias con fillos en idade lectiva, o sexa dende a gardería ata a universidade. Desgraciadamente en Valadouro no queda moita xente moza non será po lo tanto un gran problema atopar unha financiación adecuada para isto, que en todo caso será moito menor que os 47.000€ necesarios para o soldo y seguridade social do Alcalde. Tamén presentamos outra moción para que unha vez rematado o prazo de exposición a o publico das modificacións puntuais das normas subsidirias que afectaron a o parque industrial se retomen e se axilicen as xestións diante da Xunta de Galicia.