jueves, 18 de agosto de 2011

O tempo e un gran xuíz

En resposta as declaracións efectuadas po lo Señor Alcalde de O´Valadouro en relación con a moción presentada para unificar os dous C.E.I.P.S. do Val queremos manifestar o seguinte;

No noso animo no esta xerar ningunha polémica, simplemente poñer a debate solucións para un problema real como e a perda de profesores nos dous centros de ensino. O que o noso entender con leva unha importantísima merma na calidade do mesmo. Iso e o que se expón na moción, que como se sabe no transcurso do debate pode ser emendada, aprobada ou rexeitada.

Nada mais lonxe que pretender enfrontamentos con os veciños de Alfoz, todo o contrario en isto como en outras moitas cousas estamos “condeados” a entendernos ou a desaparecer.

Non pedimos o peche de ningún colexio, propoñemos de boa fe a ubicación no de Ferreira dado que o centro da E.S.O. esta en Alfoz. A esta frase se agarran os dous Alcaldes para desviar o fondo do debate alimentando así un localismo “bananero” que tanto dano nos leva feito. Lembrámoslle tamén a o Señor Lamela que nos facemos proposicións que lle poden gustar mais ou menos a él e a o seu colega de Alfoz, pero po lo de agora no presentamos nunca ningunha alegación nin recursos que puideran danar os lexítimos intereses de Alfoz. Cando xe fixo o centro da E.S.O. ningún recurso interpuxemos, ningunha alegación presentamos. No sabemos si o señor Alcalde lembra o ocorrido cando se expuxo a o publico o proxecto do parque industrial que compartiamos con Alfoz. Aquela alegación firmada po lo “ofendidisimo” Señor Lousas si foi lesivo para os nosos intereses. As relacións con Alfoz son e deben de ser correctas, e de colaboración pero iso non implica sumisión por parte de ninguén, e por suposto si o Grupo Municpal Socialista entende que se actúa de forma incorrecta con Valadouro vai a seguir dicindo. Que o que queren, calarnos? Non queren que os veciños saiban as actuacións lesivas que o goberno de Alfoz tubo con nos? (retraso no pago da parte correspondente a o canon dos vertidos no punto limpo, ou que non saibamos a dia de hoxe que pasou con a pala mixta que compartiamos) Pos miren iso non, colaboración toda e mais sumisión non nin a primeira. Non vamos a retirar a moción porque creemos que a solución mais duradeira e mais efectiva e a unificación dos dous C.E.I.P.S. , si vamos a emendala e suprimir o 2parrafo que tan torticeranmente están usando os dous alcaldes.

Non e un problema de ubicación entre ambos centros hai aproximadamente 4 km. Os nenos de Alfoz viñeron ata agora a gardería de Ferreira que esta a o lado do C.E.I.P. Os rapaces de Ferreira van o centro da E.S.O. que esta en Alfoz e nunca houbo problemas. Vamoslle a engadir tamén a moción unha proposta a maiores. Se a raíz da unificación dos C.E.I.P.S. quedaran algún inmoble baleiro que se empece a estudar a posibilidade da súa reutilización (centro de dia para os maiores, incluso algunhas aulas de formación continua para os parados de longa duración etc.) Tamén para utilizar conxuntamente os dous concellos.

Rematamos reiterando o noso respeto po los veciños de Alfoz. Xamais tubo na nosa intención lesionar os seus intereses, nunca o fixemos nin o vamos a empezar a facer agora. Esta moción presentase en positivo, a unica intención e mellorar a calidade do ensino dos nosos nenos, de todos os nenos. Ocorrencias de verán son outras, e solen telas outros. Xa lle recordaremos algunhas a o noso rexidor, o acordo que se pretende dende logo non e para este curso e un debate para o futuro. Aproveiten para facer demagoxia e atacarnos, estas cousas si que pasan axiña como tormentas de verán lamentablemente os problemas non. Mais lembren que o tempo e un gran xuíz a el nos remitimos