lunes 5 de septiembre de 2011

1º Pleno Ordinario

Celebrado o primeiro pleno ordinario da lexislatura a magnifica relación que seguen a ter os señores Chao e Lamela, da gloria ver como se defenden mutuamente sinceramente sentimos unha certa magoa polos que de boa fe votaron a este señor nas pasadas eleccións municipais.

O mellor por iso por sentirse tan ben arroupado polo concelleiro electo nas filas do BNG, o Alcalde señor Lamela, mostrounos a súa peor cara ata o de agora non sabemos si foi un “calenton” ou se pretende seguir así, arrogante, prepotente, actuando coma un señor feudal. Mais facernos calar (creo que xa deu de conta) non lle a ser tan fácil.

Inauguramos tamén unha nova modalidade a de “o Alcalde non sabe” pois esa e a resposta a inmensa maioría das preguntas e cuestións que se lle plantexan, menos mal que leva 12 anos no goberno, que si non ia a ser tremendo.

En fin que aquí seguimos, que isto non fixo mais que comezar, tranquilizar a tódolos veciños que non lles quepa ningunha dubida de que nos seguiremos tratando de ser útiles e defendendo o que cremos mellor para o noso Val.

2 comentarios:

tea de araña dijo...

Incrible, pero certo. Sorprendeme a actuacón do alcalde pero moito máis, que os votantes do Bng non protesten polo apoio a un partido de dereitas.....

jose luis dijo...

Eu penso , con todolos meus respetos , que este home , xa non representa a ninguen , sinceiramente , danme pena os votantes de boa fe do BNG de Valadouro , constame que a maioria estan apenados e non e para menos, en fin supoño que mais antes que despois , volvera a cordura e cada un faremos o que a xente espera de nos, con maior ou menor fortuna , pero no se poden facer certas cousas , en nome de un partido serio e de profunda tradicion na loita contra a dereitona deste pais , en fin espero que xente con sentidiño se faga cargo , por que se non o roto que lle van a facer a o BNG local , o Sr Chao e os seus asesores "iluminados " vai a ser tremendo , e podesmo creer , eu non o desexo , por respeto e amistade con xente votante do BNG , ou de ideoloxia nacionalista , que levan igoal que eu e moitos compañeiros meus , moito tempo pelexando por outro Valadouro, animo e mentras non perda a cabeza , contade con o meu apio e se queredes algo ben sabedes que aqui estamos