
Mostrar a nosa perplexidade polo acontecido durante a celebración das festas patronais da nosa Vila. Para sorpresa de propios e estraños, observamos que en plenas vésperas “Do Oito” comeza a empresa contratada polo concello as instalacións dos contedores soterrados, obra aprobada xa na anterior lexislatura, cando a inmensa maioría dos veciños da Vila de Ferreira disfutabamos de uns días de descanso, algo
moi tradicional por aquí, xa que moitos deixamos sempre uns días das vacacións para as festas “Do Oito”. Depertámonos con a Vila chea de furados de 6x3m. Tráilers mezclados con atraccións de festa, e a musica da banda competendo con sons propios de ferramentas dos operarios encargados de facer dita obra.
Nunca nin os mais vellos recordan tal, e o que mais molesta e a desculpa; “e que se acaba o prazo, e que se non perdese a subvención” Permítasenos logo achegar algúns datos que entendemos poden situar as cousas no seu sitio e demostrar a desidia e ineficacia do actual equipo de Goberno e dos seus apoios.
A obra dos contedores sotérranos, financiase con o canon eólico publicado no D.O.G.A. o luns 14 de febreiro do 2011. Como sempre pasa en Valadouro e como xa reiteradas ocasións denunciamos os tramites burocráticos sempre se deixan para ultima hora, poñendo en perigo as propias subvencións e recurrindo moitas das veces a certificar obras sen estar totalmente rematadas, na lexislatura pasada xa se perderan unhas subvencións por as mesmas causas, con todo o 14 de xuño o técnico
municipal remite o proxecto da obra, ata o 8 de agosto non se fai a contratación definitiva incluso nas cláusulas administrativas particulares poñen como data de remate da obra “Inaprazable” o 10 de setembro. Xulguen vostedes mesmos.
de anteriores lexislaturas, so que agora con un profesional de política a o fronte. De momento as arcas municipais van notalo sensiblemente os veciños parece que menos.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada