lunes, 3 de octubre de 2011

Novas caras e vellas maneiras

Pasados os primeiros cen días de esta nova lexislatura, compre pois facer balance dos mesmos.

O primeiro subliñar a repetición de certos “vicios” herdados de anteriores etapas, seguimos como a sempre xogando a defensiva, nunca se propón nada novedoso, nin se presenta ningún proxecto novo, limitámonos coma sempre a investir a subvencións que por lei nos pertencen, e por riba coma sempre tamén tarde, mal e arrastro.

O acaecido con os contedores soterrados e unha boa mostra do dito, por certo despois de estar traballando para instalalos durante as festas aínda no se puxeron en uso, e haberá mais sorpresas de este tipo en breve. Séguese tamén sen facer ningún caso do acordado nos plenos, incumprindo así a lexislación vixente. Pouco importa aprobar mocións o facer rogos. O novo rexedor séntese por riba do ben e do mal facendo estéril calquer proposta por parte dos demais grupos representados no concello. Non importa a oportunidade nin a urxencia do aprobado, serva como exemplo actitude do Alcalde a o rogo feito para instalar unha simple barandilla na rúa Fonte Nova onde hai pouco tempo caeu unha rapaza da Vila. Ou as rampas de minusvalidos e as deficencias nos pasos de peóns.

Os orzamentos que se comprometeron a presentarse en setembro seguen onde estaban, supoñemos que gardados en algún caixón. O incumprimento do regulamento da radio municipal, onde os grupos representados na corporación temos dereito a unha intervención mensual. A pesar das reiteradas veces que preguntamos cando comezan, o señor Alcalde no se dignou a contestarnos, das mocións aprobadas o mesmo.

Nada sabemos do pediatra, nin das axudas os estudantes. O plan xeral de ordenación urbana, segue no limbo, cando debera ser prioritario.

En definitiva cen días de mais do mesmo. Non nos estraña que o maior logro que se apunte o señor Alcalde, e o de que o concello non ten problemas económicos, cousa que podemos compartir a medias, dado que aínda nos quedan en torno a os 200.000€ de débeda co B.C.L. o que supón unha carga aproximada de 7.000€ trimestrais, non e unha situación dramática, pero parécenos que pouco ten que ver o novo rexedor nesto. Por outra parte o concello de O Valadouro sempre cúmpreo ben con o seus provedores.

Rematando, desidia, ineficacia e continuísmo. Novas caras e vellas maneiras.
Se queren outro exemplo do dito, entren na paxina web do concello seguro que se sorprenden de ver quen os saúda en nome da corporación.