miércoles, 9 de noviembre de 2011

Cousas do "novo" Goberno de O Valadouro


Cada vez e mais evidente a sensación de que en Valadouro non hai goberno municipal. A falta de proxectos de ilusión e de rumbo e cada vez mais palpable. Neste arranque de lexislatura, o novo equipo de goberno municipal, parece desgastado, da a impresión de estar xa nun fin de ciclo, amen de que o alcalde tomou a decisión de non gobernar e dende logo de non exercer como tal. Lonxe de poñerse a o fronte da nave, parece mais un grumete que o capitán. Segue o persoalísimo método de buscar escusas en vez de solucións, nada e responsabilidade súa. Unhas cousas porque veñen de atrais, outras simplemente non sabe ou non contesta. Sirvan un par de exemplos para ilustrar o dito;

No ultimo pleno o secretario formula un reparo a contratación da terceira fase do saneamento na parroquia de Moucide, pois esta faise sen contar cos pertinentes permisos, que xa e desidia, a resposta como non e “Que isto xa ven de antes”, cando esta afirmación ten un pequeno problema, a obra contratase fai pouco mais de un mes, e da toma de posesión fai case seis. Non sabemos cando empezara a lexislatura para o Sr. Alcalde. Podía ter ata certa graza se non fora que por estas aptitudes a obra esta sen comezar, privando a os veciños de Moucide de un servizo fundamental.

Tampouco estivo mal a aclaración das xestións, para que o igual que moitos concellos da nosa comarca se implante o servizo de pediatría no centro medico da vila de Ferreira, esta foi a resposta “ Non sei, fun a Lugo e non souberon dicirme nada” tal cal.

Comeza o inverno e a maioría das cunetas das pistas do noso Val están como estaban.

Nos orzamentos da Xunta non figura ningunha inversión par Valadouro, e non vemos que iso preocupe o mais mínimo.

Os contedores soterrados (eses que estiveron instalando en plenas festas) están se poñerse en servizo.

A veira do paseo fluvial parece xa un matorral.

Pero bueno seguro que nada de isto e responsabilidade do actual goberno . En todo caso son cousas que veñen de “atrás”, son cosas de “antes”, so que antes, doce anos concretamente, o Sr. Lamela foi membro dos gobernos habidos no concello, incluso tenente alcalde, así que de algo deberan soarlle os temas a os que referimos.