Son moitos os motivos pa votar a Rubalcaba que non podería plasmar con palabras, pois están baseados en sensacións... a sensación que produce por exemplo cando ves unha persoa que se esforza para devolver a confianza que hai tempo perdeu o cidadán na política e o político.
Ser político debería ser unha das profesións mais nobres e vocacionais, aínda que por desgracia uns poucos quixesen convertela nun circo. Uns poucos que levan tempo facendo demasiado ruído comparado co ruído que poderiamos facer todos nós.
Pois somos mais!!!! e aínda que moitos non tedes as ideas claras sobre a quen votar ou mesmo non sabedes se facer uso da única arma que posúe o cidadán para cambiar as cousas "o voto". Hai algo que temos en común todos e que nos une, e é que SE que sabemos o que NON QUEREMOS, e debemos darlle valor a iso pois aínda que pouco, é suficiente para saber a quen non votar.
Non queremos políticos que en época electoral se esconden da prensa pois así afórranse metidas de pata, non queremos políticos que falan, falan, e falan pero nunca din nin explican nada.
Eu quero un político que saiba o que vai facer e como facelo, quero un político que non lle importe explicar tantas veces como sexa necesario ata que se lle comprenda, quero un político que lle preocupe ser comprendido... e para o meu, ese é vostede Sr.Rubalcaba, o seu esforzo por convencerme explicando, fai que me senta valorado como cidadán e como votante. Como cidadán con conciencia que me considero se que non existe a receita máxica que cure todos os males do país, pero se que existe a vontade, e ese, é o principio do cambio.
suso468
1 comentarios:
Animo " a todos , xogamonos moito e como sempre , os da dereita non van faltar as urnas , nas nosas maos esta
Publicar un comentario en la entrada