jueves, 17 de enero de 2013

Hemodinámica e Medicina Nuclear



O PSOE do Valadouro presentara unha moción no próximo pleno pedindo a Corporación que inste a Xuna para por en funcionamento ós Servicios de Radioterapia, Hemodinámica e Medicina Nuclear no Hospital LucusAugusti (HULA) no cal o Presidente da Xunta de Galicia, acompañado da ex Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, desprazáronse a Lugo para inaugurar o Hospital Universitario LucusAugusti (HULA). Naquela visita, os dous dirixentes anunciaban, ademais, unha das noticias máis agardadas por todos os lucenses, a implantación no primeiro semestre de 2011, no HULA, dos servizos de Radioterapia, Hemodinámica e Medicina Nuclear. Pasaron os meses, concretamente ano e medio, e o LucusAugusti, lamentablemente, segue sen estas especialidades tan necesarias para a saúde dos cidadáns da provincia.

Este incumprimento manifesto do Goberno autonómico provoca que a de Lugo sexa a única provincia galega que aínda non dispón destes servizos.

A falta destes servizos están causando graves prexuízos ós cidadáns, , unha media de 600 pacientes ó ano, teñen que desprazarse a Coruña ou a Santiago para recibir tratamentos de Radioterapia.

No caso da falta de Hemodinámica, as consecuencias da súa inexistencia tamén son gravísimas para os doentes, Estudos científicos recentes poñen de manifesto que a mortaldiade de enfermos de infarto de miocardio en Lugo dobra a padecida por enfermos de Coruña, Vigo ou Santiago.

Por este motivo, especialistas na materia como o Presidente da Sociedade Española de Cardioloxía, manifestan que, mentres todos os doentes das áreas de Coruña, Santiago e Vigo reciben unha anxioplastia primaria, os de Lugo tan só o fan nun 43%.

E é que o traslado dos doentes supón, ademais, un gran trastorno persoal para as familias, contabilizándose todos os anos unha porcentaxe non despreciable de problemas graves nos traslados de retorno, logo dos procedementos de revascularización coronaira ós que son sometidos. Nos casos que o traslado supere os 120 minutos, o índice de mortalidade ó ano é do 6,8%. É dicir, entre un 10 e un 20%, destes doentes perden a vida no traxecto por non poder recibir o tratamento sanitario  na provincia.