lunes, 21 de enero de 2013

NOVA EXECUTIVA


O PSOE do Valadouro renova a Execuiva Municipal, sendo elexido por aclamación da asamblea Jose Luís Fernández Maseda como novo Secretario Xeral dos Socialistas do Valadouro.

Veciño da parroquia de Santa Cruz, Luis Maseda asume a responsabilidade de levar o PSOE en Valadouro polo mellor camiño para dentro de algo mais de dous anos o PSOE se presente as eleccións municipais como un partido renovado e aberto.

A intención e colaborar no Concello todo o que sexa posible sempre e cando sexa para sacar o Valadouro cara adiante e que sega mantendo tódolos servizos e creando novos proxectos enfocados a xuventude e benestar para a terceira idade.

Crease unha Executiva aberta en que os proxectos sexan cousa de todos. Dispostos a colaborar cas distintas asociacións veciñais, culturais e deportivas do concello.

Executiva Local:

 Secretario Xeral: Jose Luís Fernández Maseda.
 Secretario Organización: Iago Fernández Pena.
 Secretario Política Municipal: Edmundo Maseda Maseda.
 Secretario Autónomos e Emprendedores. Pedro Paz González.
 Secretario Acción Electoral: Antonio Galan Orol.
 Secretario Administración: Ricardo Orol Orol.
 Secretaria Formación: Pilar Vázquez Hermida.
 Secretaria Igualdade: Aurora Pardeiro Mosquera.
 Presidente: Luís Martinez González