lunes, 14 de enero de 2013

Pedimos Seguridade


O PSOE de O Valadouro presentara unha moción no próximo pleno ordinario pedindo explicacións do uso que o Señor Lamela fai dos vehículos municipais ademais de pedirlle os carnés profesionais que necesita como operario da grúa do camión do Concello levantando cargas e persoas na cesta elevadora, para a pala e para a maquinaria pesada do Concello.

Tamén queremos facer publico que os operarios do Concello carecen de tódolos equipos de protección individual e de roupa de alta visibilidade non sendo visibles cando realizan operacións de mantemento nas vías publicas do Concello.

Sendo o primeiro que non respecta as medidas de seguridade o señor Alcalde cando manipula calquera maquina do parque móbil do concello.

Por ultimo queremos manifestar a pouca seguridade cidadá que o Alcalde ofrece cando realiza obras nas vías publicas non sendo señalizadas, deixando restos e obstáculos na carreteras sen balización.